noviembre 10th, 2011 Comentarios desactivados

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, dixo en Ourense en referencia á chegada do AVE a Galicia que será unha realidade co PP “non un conto socialista con final triste”, e engadiu que se os socialistas «dedicáronse oito anos a prometer e non cumplir, o Partido Popular estudará, analizará e cando teña todos os datos sobre a mesa adquirira un compromiso cos cidadáns que cumprirá, porque a xente merece que non se lle minta”.

 

Alfonso Rueda fixo estas declaracións durante a súa vista a Ourense, onde participou na apertura da carpa electoral que o Partido Popular de Ourense abriu hoxe na céntrica rúa do Paseo. Posteriormente, acompañado polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e por membros das candidaturas ao Congreso e ao Senado, percorreu as rúas da cidade para manter contacto cos veciños e coñecer as súas inquedanzas e suxestións.

 

“No Partido Popular estamos convencidos de que este contacto coa xente é o que importa –dixo Rueda-. Hoxe máis ca nunca os cidadáns necesitan “políticos de rúa” que estean ao seu carón escoitando os seus problemas, porque só así poderemos xerar confianza e traballar todos xuntos para sacar a este país da grave crise na que nos meteron os socialistas”.

 

En referencia ao debate entre Rajoy e Rubalcaba dixo que o candidato socialista “xa ten asumido o papel que lle tocará na vindeira lexislatura: estar na oposición, porque tratou a Mariano Rajoy como presidente, mentres el –Rubalcaba- limitouse a preguntar, pero sen aportar unha soa resposta aos milleiros de preguntas que se fan os cidadáns”.

 

Neste senso, Rueda engadiu que o Partido Popular actuará con responsabilidade, “e que ninguén teña a máis mínima dúbida de que afrontaremos esta crise, poremos en marcha as medidas para combatela e devolverémoslles aos cidadáns a tranquilidade e o benestar; xa o fixemos en 1996 e volverémolo facer agora”.

 

 

Advertisement

Tagged: , ,

Los comentarios están cerrados.

¿Qué es esto?

You are currently reading at Ourense-Galicia 2010.

meta

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.