Manuel Baltar sintese respaldado polos alcaldes de Monterrey e Conso/Frieiras
Os alcaldes e concelleiros das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras, así como militantes do Concello de Verín amosaron o domingo en Verín o seu “total apoio” ao proxecto liderado polo coordinador do Partido Popular e candidato á Presidencia do PP de Ourense, Manuel Baltar.
No acto de arranque de campaña que tivo lugar na sede dos Populares en Verín, concello do seu oponente, Juan Manuel Jimenez Moran, deronse cita os alcaldes e cargos políticos de Cualedro, Monterrei, Oímbra, Laza, Viana do Bolo, Riós, A Gudiña e un importante número de afiliados e simpatizantes de Verín acompañaron ao candidato Manuel Baltar que, segundo afirma o candidato “reafirmaron a confianza amosada días pasados na recollida de avais”.
A conclusión da xuntanza en Verín foi para Manuel Baltar “un apoio decidido e sen fisuras” a este movemento popular que aglutina ao seu redor a cargos electos e militantes do PP de toda a provincia de Ourense.
Manuel Baltar falou das dez propostas que contempla o seu programa e agradeceu na súa intervención “a ilusión desbordante e o inmenso caudal de confianza que neste momentos –arranque de campaña- demostran os alcaldes e concelleiros, o cal se traducirá a partires do 30 de xaneiro no comezo dunha nova etapa do PP de Ourense na que a prioridade será desenvolver un proxecto pensado para facer do PP o partido dos ourensáns”.
Baltar lembrou na xuntanza que “as personas, o equipo, o galeguismo e Ourense son as catro palabras que sustentan un proxecto de provincia necesario para afrontar os retos do presente e do futuro, co compromiso de traballar para todos os cidadáns”. Pero para elo, advertiu ” hai que ir paso a paso, e o primeiro é traballar por unha organización áxil, resolutiva e pensada para axudar a resolver os problemas da xente”. O Partido Popular de Ourense, “como forza maioritaria de sempre nesta provincia” subrayou Manuel Baltar, ten “a grande responsabilidade de seguir liderando este encargo da cidadanía e non lle imos fallar, porque somos fortes, somos moitos, somos leais e non defraudamos a ninguén”, afirmou.
Logo deste comezo en Verín, Manuel Baltar percorrer’a Celanova O Barco, Xinzo, Castro Caldelas, Trives, Allariz, Ribadavia, O Carballiño e finalmente Ourense.








